Benito Rivas Fondevila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benito Rivas Fondevila
Nacemento 1910
  Siador, Silleda
Falecemento 18 de novembro de 1973
  Silleda
Nacionalidade España
Ocupación mestre e político
editar datos en Wikidata ]

Benito Rivas Fondevila, nado en Siador en 1910 e finado o 18 de novembro de 1973,[1] foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Benito Rivas Rodríguez, que fora secretario do Xulgado de Silleda, foi mestre e estivo afiliado a Falange. O 9 de abril de 1948, no asalto á súa casa de Siador, resultou ferido o guerrilleiro Miguel Nicolás Esperante, que faleceu inmediatamente. Foi presidente da Hermandad de Labradores de Silleda[2]. Foi nomeado alcalde de Silleda en febreiro de 1971[3]. Foi presidente da Cooperativa Hoxe. Foi condecorado como cabaleiro da Orde de Cisneros e da Gran Cruz do Mérito Agrícola.


Predecesor:
Fernando Mosquera Martínez
 Escudo de Silleda.svg
Alcalde de Silleda
 
1971 - 1973
Sucesor:
Alfonso Trabazo

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Unha praza da vila de Silleda leva o seu nome.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 20-11-1973, p. 41.
  2. La Orden civil del Mérito Agrícola impuesta a los señores Baena, Lombos, Rial y Rivas. Noticia en El Pueblo Gallego, 25-6-1968, p. 12
  3. Nuevos alcaldes y Jefes locales de Bueu, Silleda y Arbo. Noticia en El Pueblo Gallego, 2-2-1971, p. 12