Alfonso Núñez López
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1904 Ferrol, España |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | funcionario, político |
Alfonso Núñez López, nado en Ferrol cara a 1904, foi un funcionario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Obtivo por oposición a praza de oficial primeiro do Concello de Arzúa en 1933.[1] Foi secretario da primeira directiva do PSOE de Arzúa constituída o 27 de abril de 1936.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi separado do seu cargo, estivo agochado. Foi detido na Coruña o 27 de outubro e xulgado en Santiago de Compostela por rebelión con Federico Nogueira Pimentel o 31 de marzo de 1937. Foi absolto. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1942.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou na Coruña con Celsa Hermida Grandío en 1928.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lanero Táboas, Daniel (2006). Os remendos da memoria. A represión franquista no Concello de Arzúa (1936-1950). Arzúa: Concello. ISBN 84-606-4054-X.
- Lanero Táboas, Daniel (2008). "Unha aproximación á conformación dos poderes locais en Galicia. Arzúa entre a II República e a protoinstitucionalización do réxime franquista (1931-1937)" (PDF). En Universidade de Santiago de Compostela. A patria enteira. Homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández. Santiago de Compostela. pp. 171–194. ISBN 978-84-9887-000-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de decembro de 2022. Consultado o 29 de decembro de 2022.