Alexandra Rodríguez Long

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlexandra Rodríguez Long

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de xaneiro de 1997 Editar o valor em Wikidata (27 anos)
As Palmas de Gran Canaria, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpatinadora artística sobre xeo Editar o valor em Wikidata
Compañeiro profesionalAritz Maestu Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
Deportepatinaxe artística sobre xeo Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivapatinação de duplas (pt) Traducir
ladies' singles (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
AdestradorIgor Sinyutin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Alexandra Rodríguez Long, nada o 30 de xaneiro de 1997 nas Palmas de Gran Canaria, é unha deportista española que compite en patinaxe artística sobre xeo na modalidade de patinaxe en parella, xunto con Aritz Maestu. Foron os Campións de España na tempada 2012-13.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alexandra pertence á Federación de Aragón de deportes de inverno e adestra co CETDI (Centro especializado en Tecnificación de Deportes de Inverno) para o Aramón Club Xeo Jaca. Os seus adestradores son Miguel Alegre e Emmaly Baxter e as súas coreografías prepáraas Emmaly Baxter.

Participou no Campionato Mundial Júnior, e dúas competicións do Grand Prix Júnior organizados pola Unión Internacional de Patinaxe sobre Xeo na categoría de Parellas Libre Júnior.[1]

Na tempada 2011-12 foron vixesimo sétimos na Clasificación Mundial Júnior.[2] En abril de 2012 sufriu un grave accidente ó caer de cabeza sobre a pista. Tras iso, o seu compañeiro Arizt Maeztu decidiu cambiar de parella.

Notas[editar | editar a fonte]