Alert, Nunavut
Coordenadas: 82°28′N 62°30′O / 82.467, -62.500
Alert é o asentamento permanente máis setentrional da Terra, localizado no nordeste da Illa Ellesmere no Mar de Lincoln, Nunavut, Canadá. Segundo o censo de 2006 ten 5 habitantes permanentes[1]
Características[editar | editar a fonte]
Ademais de funcionarios e militares que residen só unha parte do ano. Posúe unha base militar canadense cunha estación meteorolóxica do Servizo de Meteoroloxía do Canadá. A estación ten unha estrada de 6 km de lonxitude até o aeroporto, e esta estrada, así como o aeroporto de Alert, tamén son a estrada e o aeroporto máis ao norte do mundo. O acceso ao sitio está moi regulado. A estación meteorolóxica tamén é lugar de investigacións do cambio climático e da contaminación no Ártico.
Clima[editar | editar a fonte]
Alert ten un clima polar, extremadamente frío e seco, e está cuberta de neve 11 meses ao ano. O mes máis quente, xullo, ten unha temperatura media de 3,3 °C e a media anual de precipitacións é de só 153,8 mm. A maioría das precipitacións son en forma de neve e prodúcense entre xullo e setembro. Alert ve moi pouca neve durante o resto do ano, non obstante son moi frecuentes as xeadas.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Véxase en: Statistics Canada Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine..
- ↑ Canadian Climate Normals 1971-2000[Ligazón morta].
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- The Canadian Encyclopedia: Alert, Nunavut Arquivado 05 de novembro de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)