Saltar ao contido

Aldimina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En química orgánica, unha aldimina é unha imina que é un análogo dun aldehido.[1] As aldiminas teñen a fórmula xeral R–CH=N–R'. Son similares ás cetiminas, que son análogas de cetonas.

Un importante subconxunto de aldiminas son as bases de Schiff, nas cales o substituínte no átomo de nitróxeno (R') é un grupo alquilo ou arilo (é dicir, non un átomo de hidróxeno.[2])

Nomenclatura

[editar | editar a fonte]
Nomenclatura CH3–CH2–CH2–CH=NH CH3–CH=N–CH3
1 butanimina N-metiletanimina
2 butilideneazano etilidene(metil)azano
3 butilideneamina N-metiletilideneamina
uso común butiraldehido imina acetaldehido N-metilimina

As aldiminas poden ser nomeadas de tres maneiras:[3]

  1. substituíndo o -a final do híbrido parental, R–CH3, polo sufixo "-imina";
  2. como derivados alquilideno de azanos;
  3. (raro) como derivados alquilideno de "amina".

Ademais, unha nomenclatura obsoleta trataba as aldiminas como derivados dun aldehido parental.

  1. "aldimines". Compendium of Chemical Terminology (the "Gold Book") (2ª ed.). IUPAC.  (1995) [1997]. 
  2. "Schiff bases (Schiff's bases)". Compendium of Chemical Terminology (the "Gold Book") (2ª ed.). IUPAC.  (1995) [1997]. 
  3. Panico R, Powell WH, Richer JC, eds. (1993). "Recommendation R-5.4.3". A Guide to IUPAC Nomenclature of Organic Compounds. IUPAC/Blackwell Science. pp. 89–90. ISBN 0-632-03488-2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]