Alderiques d'Asturies
Aparencia
Alderiques d'Asturies é un medio de comunicación en lingua asturiana nado en xaneiro de 2014.[1] Ten como finalidade ser unha plataforma de radio e televisión dixital que utilice o asturiano como lingua vehicular, con programación adecuada para todos os públicos, buscando promoción e difusión da cultura, tradicións, lingua propia e realidade social da comunidade asturiana.
Características
[editar | editar a fonte]Destaca polo tratamento de todo tipo de temas en diferentes formatos audiovisuais como entrevistas, reportaxes e mesas de debate. Dentro da web teñen ligazóns aos programas de radio e televisión realizados ao longo destes anos.
O seu lema é «El mundu dende Asturies». Alderiques d'Asturies está dirixido e presentado por Samuel Gradín.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Primeiro programa de Alderiques d'Asturies Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. 6 de xaneiro de 2014
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- www.alderiquesdasturies.com Arquivado 13 de decembro de 2019 en Wayback Machine.