Aldeia do Bispo, Penamacor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAldeia do Bispo, Penamacor

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 40°07′08″N 7°10′02″O / 40.1189, -7.1672Coordenadas: 40°07′08″N 7°10′02″O / 40.1189, -7.1672
EstadoPortugal
DistritosDistrito de Castelo Branco
ConcelloPenamacor
FreguesíaAldeia do Bispo, Águas e Aldeia de João Pires (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Altitude434 m Editar o valor em Wikidata
Sucedido porAldeia do Bispo, Águas e Aldeia de João Pires (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Aldeia do Bispo é unha antiga freguesía portuguesa do concello de Penamacor, con 6,51 km² de área e 676 habitantes (2011). A súa densidade de poboación era 103,8. hab/km².

Foi extinguida (agregada) pola reorganización administrativa 2012/2013,[1] sendo o seu territorio integrado na União das Freguesias de Aldeia do Bispo, Águas e Aldeia de João Pires.

Localización no concello de Penamacor.

Poboación[editar | editar a fonte]

Poboación da freguesía de Aldeia do Bispo [2]
1864 1878 1890 1900 1911 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2011
769 873 1 031 1 124 1 475 1 394 1 597 1 777 2 354 2 017 1 560 953 908 748 676

Xeografía[editar | editar a fonte]

Aldeia do Bispo está situada nun val, á beira da ribeira da Raivosa, afluente da ribeira das Taliscas, no cruzamento dos camiños para as parroquias de Águas, Bemposta, Aranhas, Aldeia de João Pires e Penamacor. Está a uns 7 km da sede do concello.

Historia[editar | editar a fonte]

Existe un profundo descoñecemento acerca da data de fundación desta freguesía, así como da orixe do seu nome. A máis antiga inscrición ou data gravada nas pedras que se atopou é de 16 ZX, que foi interpretada como de 1628. Na rúa do Outeiro, onde din existir unha praza, se atopou nunha casa coa data de 1696, gravado en torce da porta. Sobre a orixe do nome, hai diversas opinións. Segundo algúns autores, a palabra aldea ten orixe árabe : الضيعة, ād-ḍay’ah («Aldea»).

Patrimonio[editar | editar a fonte]

  • Capelas do Espírito Santo, de St.º António, de N.ª S.ª das Necesidades e de S. Sebastião
  • Cruceiro
  • Nicho
  • Estación arqueolóxica de Lameira Larga

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diário da República, 1.ª Série, n.º 19, Reorganização administrativa do território das freguesias, Lei n.º 11-A/2013, de 28 de janeiro, Anexo I. Acedido a 19/07/2013.
  2. Instituto Nacional de Estatística (Recenseamentos Gerais da População) - https://www.ine.pt/xportal/xmain?xpid=INE&xpgid=ine_publicacoes