Albor Tholus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Albor Tholus
Mosaico en infravermello tomado polo día co instrumento THEMIS, a bordo da 2001 Mars Odyssey.
Tipo de accidente xeolóxico Tholus
Accidente xeolóxico de Marte
Diámetro 158,38 km km[1]
Altitude 4,5 km[2]
Coordenadas 18,87° N 150,47° E[1]
Procedencia do nome Nome dun antigo accidente xeolóxico.[1]

Albor Tholus é un volcán inactivo da rexión volcánica de Elysium, situada no planeta Marte. Fica ó sur dos volcáns próximos, Elysium Mons e Hecates Tholus. Albor Tholus ten 4,5 km[2] de altitude e ten un diámetro duns 160 km[2] na súa base. A súa gran caldeira ten uns 30 km de diámetro e unha profundidade de 3 km,[2] moi profunda en comparación coas caldeiras que se poden atopar na Terra. A altitude do nivel máis baixo da caldeira é a mesma cá da base do volcán; con todo, as pendentes orixinais de Albor Tholus puideron ser cubertas polos fluxos de lava do seu veciño máis grande, Elysium Mons. As avaliacións realizadas pola sonda Mars Express descubriron que os volcáns da rexións de Elysium estiveron activos durante longos períodos de tempo.

Referencias[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]