Alberto G. Aneiros
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1959 (64/65 anos) Ferrol, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Alberto Gómez Aneiros, nado en Ferrol en 1959, é un escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación (Secc. Psicoloxía), vive en Santiago de Compostela, onde traballa na Biblioteca Xeral da USC.[1] Entre outros galardóns literarios, resultou premiado no Certame Literario Ramón del Valle-Inclán (2008); obtivo accésits no Premio Modesto R. Figueiredo nas edicións dos anos 2007, 2008, 2009 e 2012; gañou o XII Certame de Narración Curta Ánxel Fole (2010), o I Concurso de Microrrelatos da Universidade de Santiago de Compostela (2013), o XIII Certame Literario de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos (2014), I Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle (1º accésit) (2018).
Obras
[editar | editar a fonte]- Propios extraños, 2006, Laverde (libro de relatos en castelán).
- Relatos desvelados, 2006, Lea.
- Ironías dos fados, 2008, Lea.
- "Para que o conto conte: Manifesto a prol da narrativa breve", 2011, Grial n.º 190, pp. 128-131.
- A última viaxe, e outros relatos, 2012, Baía Edicións.[2]
- O tesouro do Dourado, 2014, Editorial Toxosoutos.[3]
- Ninguén e compaña: relatos abreviados, 2023, Editorial Toxosoutos.[4]
- Enredados, 2023, Edicións Embora
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Persoal - Biblioteca Xeral - USC". www.usc.gal. Consultado o 2023-03-19.
- ↑ A última viaxe na páxina web da editorial.
- ↑ O tesouro do Dourado na páxina web da editorial.
- ↑ Ninguén é compaña na páxina web da editorial.