Alberte Permuy
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Alberte Permuy | |
---|---|
Nacemento | 8 de xullo de 1955 |
Fene | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | deseñador |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Alberte Permuy Martínez, nado en Fene o 8 de xullo de 1955, é un deseñador gráfico galego.[1]
Formouse como deseñador en Barcelona, e dende 1983 traballa nesa profesión en Santiago de Compostela. Entre as súas obras destaca Xubi, a mascota do Xacobeo dende 2010 ou identidades corporativas para a Xunta de Galicia, o concello de Santiago, entre outros. A súa obra expúxose en colectivas de deseño gráfico en Lisboa, Atenas, Xangai, Beixín, o MARCO de Vigo ou o Reina Sofía madrileño.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Enciclopedia Galega Universal". Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 19 de setembro de 2010.