Albert Cuny

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlbert Cuny
Biografía
Nacemento16 de maio de 1869 Editar o valor em Wikidata
Saint-Dié-des-Vosges, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte21 de marzo de 1947 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Bordeos, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Bordeaux (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Albert Cuny, nado o 16 de maio de 1869 e finado o 21 de marzo de 1947, foi un lingüista francés coñecido polos seus intentos de establecer correspondencias fonolóxicas entre as linguas indoeuropeas e as semíticas ademais de polas súas contribucións á teoría das laringais.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou co indoeuropeísta francés Antoine Meillet [1]). Desde 1910 ata o seu retiro formal do ensino en 1937 foi profesor de latín e gramática comparada na Universidade de Bordeos [2]. Porén seguiu ensinando sánscrito na universidade o resto da súa vida [3]. Foi correspondente da Académie des Inscriptions et Belles-Lettres [4].

En 1905 participou, so a dirección de Robert Gauthiot e do mesmo Meillet, na tradución ao francés de Grundriss der vergleichenden Grammatik der indogermanischen Sprachen de Karl Brugmann e Berthold Delbrück, summa da reconstrución neogramática do indoeuropeo[5].

O lugar que ocupa Cuny no desenvolvemento da teoría laringal describiuno así Émile Benveniste (1935:148):

A precondición necesaria para calquera reconstrución indoeuropea foi proporcionada polo brillante descubrimento de F. de Saussure en relación coa natureza consonántica do fonema ə. Aceptada e enriquecida por Möller, por Pedersen e Cuny, esta teoría pode darse por establecida hoxe grazas á perspicacia de J. Kuryłowicz, que foi quen de recoñecer dúas das tres variedades do ə indoeuropeo no hitita .

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Faral 1947:277
  2. ib. 278
  3. ib.
  4. ib. 277
  5. , BRUGMANN Karl e DELBRÜCK, Berthold, Abrégé de grammaire comparée des langues indo-européennes , trad. de Jules Bloch, Albert Cuny e Alfred Ernout, dirixida por Robert Gauthiot e Antoine Meillet, París, Klincksieck, 1905.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Obras selectas de Albert Cuny[editar | editar a fonte]

  • (en francés) 1906. Le nombre duel en grec, Parigi, Klincksieck.
  • (en francés) 1914. "Notes de phonétique historique. Indo-européen et sémitique." Revue de phonétique 2:101–132.
  • (en francés) 1924. Etudes prégrammaticales sur le domaine des langues indo-européennes et chamito-sémitiques. París: Champion.
  • (en francés) 1924, en colaboración con Michel Féghali. Du genre grammatical en sémitique. París: Geuthner.
  • (en francés) 1930 La catégorie du duel dans les langues indo-européennes et chamito-sémitiques, Bruxelles, Lamertin,
  • (en francés) 1943. Recherches sur le vocalisme, le consonantisme et la formation des racines en « nostratique », ancêtre de l'indo-européen et du chamito-sémitique. París: Adrien Maisonneuve.
  • (en francés) 1946. Invitation à l'étude comparative des langues indo-européennes et des langues chamito-sémitiques. Bordeos: Brière.

Outras obras citadas[editar | editar a fonte]

  • Benveniste, Émile. 1935. Origines de la formations des noms en indo-européen. París: Adrien Maisonneuve.
  • Faral, Edmond. 1947. "Éloge funèbre de M. Albert Cuny." Comptes-rendus des séances de l'Académie des Inscriptions et Belles-Lettres 91.2, 277-279.

Outros artigos[editar | editar a fonte]