Alalá (los nietos de los celtas)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Alalá (los nietos de los celtas)
Ficha técnica
DirectorAdolf Trotz
GuiónRafael López de Haro
IntérpretesRicardo Núñez Lissarrague, María Rod, Antoñita Colomé, José Baviera, Cristina Vélez, Manuel Arbó, Félix de Pomés, Carmen Revilla, Francisco Alfonso de Villagómez, José María Lado, Teresa Molgosa
MúsicaJosé Guitart Faura e Emilio Vendrell
FotografíaFrederic Fuissang
EstudioEstudios Orphea
Estrea5 de marzo de 1934
Duración91 minutos
OrixeEspaña España

Alalá é un filme de 1934 rodado en Galicia, dirixido por Adolf Trotz e baseado nunha novela titulada Los nietos de los celtas, de Rafael López de Haro.

Argumento[editar | editar a fonte]

Cando é neno, Jorge Samiera emigra a Buenos Aires xunto ao seu tío Jorge, un home coa súa economía resolta e que non ten descendencia. Quince anos despois regresa a Galicia, para herdar as súas posesións. Entón sente necesidade de coñecer o seu pasado. Unha meiga, Úrsula, dille que é fillo de Teresa, pero advírtelle que non se achegue á poboación de Portomar.

Elenco[editar | editar a fonte]

Comentarios[editar | editar a fonte]

A película foi rodada en Pontevedra, Vigo, Rianxo e Barcelona, realizada por un alemán, con fotografía dun danés e montaxe dun ruso.[1] Non conseguiu demasiado éxito.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Acuña 1999, p. 36.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]