Al final del camino
Aparencia
| Al final del camino | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||
Al final del camino é unha produción cinematográfica española estreada en 2009 e protagonizada por Malena Alterio e Fernando Tejero. Ambientada no Camiño de Santiago, a maioría das escenas foron rodadas en Galicia e no elenco atópase tamén o actor galego Javier Gutiérrez.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Nacho (Fernando Tejero) e Pilar (Malena Alterio) son un fotógrafo e unha reporteira que non se aturan, pero vense obrigados a facerse pasar por parella. Deste xeito introdúcense no grupo de pacientes dun psicoterapeuta que, realizando o Camiño de Santiago, axuda a parellas en crise.
Outros datos
[editar | editar a fonte]- Un dos temas musicais da película é "O tren", de Andrés do Barro.
- Esta película supón o cuarto traballo no que coinciden os dous protagonistas, sendo o máis coñecido a teleserie Aquí no hay quien viva.