Aksai Chin
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Territorio reivindicado por | India | ||||
Estado | República Popular da China | ||||
Rexións autónomas da República Popular da China | Xinjiang | ||||
Prefeituras da República Popular da China (pt) | Hotan Prefecture (en) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 37.245 km² | ||||
Aksai Chin (en hindi अक्साई चिन; en chinés simplificado 阿克赛钦, pinyin: Ākèsàiqīn) é unha rexión localizada na unión da República Popular da China, Paquistán e a India. Administrada pola China, pero reclamada pola India. Aksai Chin é unha das dúas áreas fronteirizas disputadas entre a India e a China, a outra é Arunachal Pradesh. A rexión é case completamente desértica, malia iso ten unha importante posición estratéxica, xa que é vital para a comunicación terrestre do Tíbet con Xinkiang, logo da guerra sino-india de 1962 a China ocupou o territorio. Os dous adversarios aceptaron respectar a liña de control e o conflito considérase de baixa intensidade.
Aksai Chin forma parte administrativamente do condado de Hotan, na rexión autónoma de Xinjiang, a India reclama o territorio como parte de Caxemira. A principal vila é Tianshuihai, que conta con 1.600 habitantes.