Aitzina!

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Aitzina! ('Adiante!' en éuscaro) é unha organización política xuvenil encadrada na esquerda abertzale. Ten como ámbito de actuación Iparralde. O seu obxectivo é loitar por «unha Euskal Herria soberana e unha sociedade máis xusta e igualitaria».[1]

Aitzina! naceu en Baiona, Lapurdi en novembro de 2013, tras un proceso de confluencia da mocidade abertzale nos territorios vascos integrados no Estado francés: Lapurdi, Baixa Navarra e Zuberoa. Unha das súas principais reivindicacións é a oficialidade do éuscaro e a súa promoción e uso na vida pública.

Á presentación pública acudiu Philippe Bidart, líder histórico da esquerda abertzale en Francia, así como representantes de Ernai, a súa organización homóloga en Euskadi e Navarra.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]