Airco DH.2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Airco DH.2
Airco D.H.2 ExCC.jpg
Tipocaza
FabricanteAirco
Deseñado porGeoffrey de Havilland
Primeiro vooxullo de 1915
Principais usuariosRoyal Flying Corps
Unidades construídas453

O Airco DH.2 foi un biplano monopraza con configuración "pusher" (coa hélice montada na parte posterior) que operou como caza durante a Primeira Guerra Mundial. Foi o segundo deseño "pusher" de Geoffrey de Havilland para Airco, baseado no anterior DH.1 de dúas prazas. O DH.2 foi o primeiro caza monopraza británico con armamento efectivo e permitíulle aos polotos do Royal Flying Corps (RFC) contrarrestar o "látego Fokker" que lles dera aos alemáns a vantaxe no aire a finais de 1915. Ata que os británicos desenvolveron un sistema de sincronización que igualase o sistema alemán, os pushers como o DH.2 e o F.E.2b levron o peso das tarefas de caza e escolta.