Royal Aircraft Factory F.E.1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Royal Aircraft Factory F.E.1
Tipoavión experimental
FabricanteGeoffrey de Havilland
Deseñado porGeoffrey de Havilland
Primeiro voosetembro de 1910
Principais usuariosRoyal Aircraft Factory
Unidades construídas1

O Royal Aircraft Factory F.E.1 foi un avión deseñado e construído en 1910 polo deseñador pioneiro Geoffrey de Havilland. Utilizouno para aprender el mesmo a voar a finais de 1910. Despois de que de Havilland fose nomeado asistente de deseño e piloto de probas na Army Balloon Factory en Farnborough (despois Royal Aircraft Factory) en decembro de 1910, a Oficina de Guerra mercou o avión por 400 libras,[1] recibindo a designación F.E.1 (Farman Experimental).

Deseño e desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Despois do fracaso do seu primeiro avión, Geoffrey de Havilland comezou a construír o seu segundo aparello, reutilizando o motor que deseñara para a anterior máquina. Ao igual que o Bristol Boxkite e outros deseños británicos contemporáneos, este seguiu de preto as liñas xerais do Farman III, sendo un biplano "pusher" de dúas baías cun elevador en plumas en fronte da á, o piloto sentado na á baixa xusto diante do motor, e un segundo elevador e un temón tras as ás. O control lateral realizábase a través dun par de aleróns montados na á superior. De Havilland e outros pilotos voárono en Farnborough ata que se esnafrou no verán de 1911 mentres era pilotado polo tenente Theodore J. Ridge, que posteriormente morrería voando o S.E.1.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jackson 1962 p.470
  2. Bruce, J M (1952), "The FE.2 Series", Flight: 724

Bibliografía[editar | editar a fonte]