Airbag (filme)
Airbag | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Airbag |
Director | Juanma Bajo Ulloa |
Produtor | Iñaki Burutxaga e Adrian Lipp |
Guión | Juanma Bajo Ulloa e Karra Elejalde |
Intérpretes | Karra Elejalde (Juantxo), Fernando Guillén Cuervo (Konradín), Alberto San Juan (Paco), Manuel Manquiña (Pazos), Maria de Medeiros (Fátima do Espírito Santo), Francisco Rabal (Villanbrosa), Rosa María Sardà (Aurora), Luis Cuenca (Souza), Pilar Bardem (dona do club de alterne), Karlos Arguiñano (don Serafín), Albert Pla (cura alternativo), Vicenta N Dongo (Vanessa), Raquel Meroño (Araceli), Fernando San Segundo (Touriño), Aitor Mazo (Pintinho) |
Música | Bingen Mendizábal |
Fotografía | Gonzalo F. Berridi |
Montaxe | Pablo Blanco |
Distribuidora | Hoil Bros. |
Estrea | 20 de xuño de 1997 |
Duración | 85 minutos |
Orixe | España |
Xénero | comedia |
Na rede | |
Airbag é unha película española do ano 1997 dirixida por Juanma Bajo Ulloa. Entre os seus protagonistas está o actor galego Manuel Manquiña, que recibiu varios recoñecementos polo seu traballo neste filme, entre eles o Premio Goya ó mellor actor revelación.
Sinopse
[editar | editar a fonte]O punto de partida é o dunha despedida de solteiros, unha borracheira estúpida, unha visita a un club de alterne, un ferrete atravesado, un anel que se esquece nun escuro lugar e a necesidade de recuperalo. Todo isto pon en marcha un desfile de mafiosos e narcotraficantes, de chulos e pistoleiros, de tramas internacionais e duns "nenos ben" que vivirán a aventura das súas vidas.
Comentarios
[editar | editar a fonte]É "unha película golfa, vándala e un pouco lercho", e ten razón. Xurdida da imaxinación de Karra Elejalde e Fernando Guillén Cuervo, filla do delirio e o exceso, definida como unha fábula moral chea de inmoralidades, "Airbag" leva consigo o xerme da controversia e da provocación. Basicamente estruturada como unha road movie, a súa historia crece como unha espiral de tolemia e sorpresas.
Palmarés cinematográfico
[editar | editar a fonte]- 2 Goya na 12ª edición á mellor montaxe e efectos especiais; nomeamento ó mellor actor revelación (Manuel Manquiña).
- Nomeada ós Premios 1997 do Círculo de Escritores Cinematográficos (CEC) á mellor montaxe e Gimeno-Revelación (Manuel Manquiña).
- Nomeamento ó Premio da Unión de Actores ó mellor actor revelación (Manuel Manquiña)