Saltar ao contido

Agrón, Ames

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Agrón
Segundo cuartel.
ConcelloAmes[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°53′15″N 8°42′31″O / 42.8875, -8.7086
Área7,24 km²
Poboación380 hab. (2018)
Densidade52,49 hab./km²
Entidades de poboación15[1]
editar datos en Wikidata ]

San Lourenzo de Agrón[1] é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Ames, na comarca de Santiago, cunha superficie de 7,24 km². Segundo o padrón municipal (INE 2018) ten 380 habitantes (180 homes e 200 mulleres), 145 menos ca en 1999. Ten quince entidades de poboación.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O topónimo Agrón non ten unha orixe clara.[2] Martínez Lema propuxo a procedencia prerromana de okr + one[3], de significado pouco claro, que viría reforzada pola recorrencia das formas Ogrom, Ogron e Ogrone no tombo de Toxos Outos. Porén, xa na Idade Media (1390) aparece citado como Agrõ, o que levaría probablemente a unha resegmentación ao interpretar ese a- inicial como artigo, e despois unha remasculinización a formas do século XVI como San Lorenço de Gron, San Lorenço d’Ogron, Sant Lorenço do Gron ou en o Gron.[4]

  1. 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. López Boullón, Xosé Ramón (2019). Toponimia de Ames. A Coruña: Real Academia Galega. p. 19-20. ISBN 978-84-947823-7-4. 
  3. Martínez Lema, Paulo (2010). A toponimia das comarcas de Bergantiños, Fisterra, Soneira e Xallas na documentación do Tombo de Toxos Outos (séculos XII-XIV) (Tese de doutoramento ed.). Universidade de Santiago de Compostela. 
  4. Boullón Agrelo, Ana Isabel (2011). "O artigo na toponimia galega: aspectos da estandarización". Revista Galega de Filoloxía (12): 11–35. ISSN 1576-2661. 

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Agrón

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Agrón no concello de Ames (A Coruña)

Arufe | Calo | Ferreiros | O Galiñeiro | A Garea | Gasamáns | A Igrexa | Insua | Novais | O Pazo | Piñor | A Ponte Maceira | A Ponte Nova | Sandar | Trasmil

Parroquias de Ames

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ames

Agrón (San Lourenzo) | Ameixenda (Santa María) | Ames (San Tomé) | Biduído (Santa María) | Bugallido (San Pedro) | Covas (Santo Estevo) | Lens (San Paio) | Ortoño (San Xoán) | Piñeiro (San Mamede) | Tapia (San Cristovo) | Trasmonte (Santa María)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]