A Garea, Agrón, Ames

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
A Garea
ParroquiaAgrón
ConcelloAmes
Poboación30 hab. (2017)

A Garea é un lugar da parroquia de Agrón no concello coruñés de Ames na comarca de Santiago. Tiña 39 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 16 homes e 23 mulleres.

O termo A Garea procede do latín serodio uilla dacaredi ou quizais dagaredi, construído sobre un nome xermánico Dacaredus, que viría significar "casa de Dacaredo". Xa en fontes medievais atopouse Dagarea, que sería reinterpretado posteriormente como a composición da contracción da mais un substantivo. Logo reinterpretaríase de novo a de+a, que levaría ao topónimo actual[1][2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Martínez Lema, Paulo (2010). A toponimia das comarcas de Bergantiños, Fisterra, Soneira e Xallas na documentación do Tombo de Toxos Outos (séculos XII-XIV) (Tese de doutoramento ed.). Universidade de Santiago de Compostela. 
  2. Boullón Agrelo, Ana Isabel (2011). "O artigo na toponimia galega: aspectos da estandarización". Revista Galega de Filoloxía (12): 11–35. ISSN 1576-2661. 

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Agrón[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Agrón no concello de Ames (A Coruña)

Arufe | Calo | Ferreiros | O Galiñeiro | A Garea | Gasamáns | A Igrexa | Insua | Novais | O Pazo | Piñor | A Ponte Maceira | A Ponte Nova | Sandar | Trasmil

Parroquias de Ames[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ames

Agrón (San Lourenzo) | Ameixenda (Santa María) | Ames (San Tomé) | Biduído (Santa María) | Bugallido (San Pedro) | Covas (Santo Estevo) | Lens (San Paio) | Ortoño (San Xoán) | Piñeiro (San Mamede) | Tapia (San Cristovo) | Trasmonte (Santa María)