Saltar ao contido

Agrupación Estudiantil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Agrupación Estudiantil
NomeCF Agrupación Estudiantil
Fundación1982
EstadioOs Casares,
A Estrada, Galicia
PresidenteGalicia Manuel Varela Pereiro
AdestradorGalicia Gelucho
LigaPreferente Norte - Subgrupo A
2020/21
Titular

O Agrupación Estudiantil é un club de fútbol galego, fundado en 1982 na parroquia de Loimil, no concello da Estrada, e que dende 2020 ten a súa sede en Santiago de Compostela.

Compite na Preferente Norte e dende o seu traslado a Santiago xoga os seus partidos como local no Campo Municipal de Santa Isabel (ata entón facíao no Campo dos Casares da Estrada).

Na tempada 2016/17 o Estudiantil quedou a tres puntos de ser campión de Preferente, o que lle daría o ascenso directo a Terceira División. O club acudiu ao Comité de Competición da Federación Galega de Fútbol para impugnar o partido contra o CSD Arzúa, por aliñación indebida deste, ao considerar que un dos xogadores non podía xogar por estar sancionado. O comité non lle deu a razón, polo cal o club foi ao Comité de Apelación que si lle deu a razón e adxudicoulle ao Estudiantil os tres puntos daquel partido que gañara o Arzúa no campo. Nese punto o Arzúa acudiu ao Comité Galego de Xustiza Deportiva, que lle volveu dar a razón quitándolle de novo os puntos ao Estudiantil. Entón o Estudiantil denunciou o caso ante a xustiza ordinaria, quen fallou na súa contra a finais de 2018.[1] O Estudiantil non se deu por vencido e presentou un recurso perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, quen esta vez fallou definitivamente a favor, outorgándolle o dereito a xogar na Terceira División.[2] Finalmente, o club aceptou a proposta da Federación de xogar a tempada 2019/20 na última categoría do fútbol galego, Terceira Autonómica, e ascender a Terceira española na 2020/21.[3]

En xuño de 2020 o club cambiou a súa sede a Santiago de Compostela, tras chegar a un acordo co Vista Alegre Sociedad Deportiva de dita cidade, que pasará a ser o seu equipo filial. O acordo foi aprobado polos socios nunha asemblea na que se elixiu tamén unha nova directiva presidida por Manuel Varela Pereiro.[4] O seu terreo de xogo pasou a ser o Campo Municipal de Santa Isabel.[5]

Datos do club

[editar | editar a fonte]

Historial na liga

[editar | editar a fonte]
Tempada Categoría Posto
2010/11 1ª Autonómica 11º
2011/12 1ª Autonómica 10º
2012/13 1ª Autonómica
2013/14 Preferente
2014/15 Preferente 13º
2015/16 Preferente 14º
2016/17 Preferente
2017/18 Preferente 10º
2018/19 Preferente 20º
2019/20 3ª Autonómica 11º
2020/21
2021/22 Preferente
  1. "La justicia ordinaria falla en contra del Estudiantil". Faro de Vigo (en castelán). 4 de decembro de 2018. Consultado o 12 de outubro de 2019. 
  2. "Una sentencia del TSXG podría provocar una Tercera de 21 equipos". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de xullo de 2019. Consultado o 12 de outubro de 2019. 
  3. "El Estudiantil jugará en Tercera Autonómica antes de su ascenso". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de xullo de 2019. Consultado o 12 de outubro de 2019. 
  4. Calvo, Naso (8 de xuño de 2020). "El Estudiantil cambia su sede social y ya es un nuevo equipo de la capital gallega". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de xuño de 2020. 
  5. "Estreno sin fiesta hoy del Vista Alegre Estudiantil en casa frente al Somozas" (en castelán). 25 de outubro de 2020. Consultado o 30 de novembro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]