Agrupació Independent Popular de Formentera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Agrupació Independent Popular de Formentera
Historia
Fundación1995
Disolución2011
Posicións políticas
IdeoloxíaCentrodereita, conservadorismo

A Agrupació Independent Popular de Formentera foi unha agrupación política da illa de Formentera, formada polo Partido Popular e polo Grup d'Independents de Formentera. No Parlamento das Illas Baleares integrábase no grupo parlamentario popular. Obtiveron o escano correspondente á circunscrición de Formentera nas eleccións de 1995, 2003 e 2007.

Nas eleccións autonómicas de 2007 obtivo 1.769 votos (54,45% na circunscrición).[1] Nas locais (que serviron para constituír o novo Consello Insular de Formentera) obtiveron 1.068 votos (30,88%), que se traduciron en 4 conselleiros.[2] Para as eleccións de 2011, o Partido Popular e o Grup d'Independents de Formentera decidiron presentarse en coalición baixo o nome de Sa Unió de Formentera.[3]

Notas[editar | editar a fonte]