Agorafilia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sexualmente, por agorafilia, un tipo de parafilia, enténdese o desexo "doentio" (impulso incontrolábel) pola práctica do sexo en lugares públicos ou abertos.[1] Está intimamente ligado co concepto de exhibicionismo.

Etimoloxicamente a palabra deriva do grego:

  • agorá= nome que na Grecia Antiga designaba as prazas onde as feiras e asembleas eran realizadas.
  • philía= amor, afecto.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BARBA, D. (2009). 100 españoles y el sexo (en castelán). Plaza y Janés. p. 183. ISBN 84-01-37989-X. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]