Afonso Cerón
Nome orixinal | (es) Alfonso Cerón |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1535 Granada |
Morte | século XVI Xirona |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | xadrecista , clérigo , escritor |
Lingua | Lingua castelá |
Deporte | xadrez |
Afonso Cerón (ou Xerone ou Girón), nado en Granada,[1] foi un xadrecista español do século XVI.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Cerón era sacerdote e cóengo. Cerón escribiu un libro sobre xadrez do que non se coñece hoxe ningún exemplar. O seu nome era De latrunculorum ludo ("Do xogo do Xadrez")[2].
Era considerado un dos mellores xadrecistas da súa época en Europa. Nesa calidade foi invitado polo rei Filipe II ao torneo celebrado en 1575 en El Escorial. Alí estiveron tamén o siracusano Paolo Boi, o estremeño Ruy López de Segura, creador da apertura Ruy López, e Leonardo da Cutri. Venceu este último.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Brief notes on the history of Chess 1500 (Breves apuntes sobre a Historia do Xadrez) Arquivado 02 de maio de 2008 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ ANTONIO, N., «Bibliotheca Hispana Nova» Tomo I, Madrid 1783, p. 17. Primeira edición, Roma 1673 I, 13).