Aerobee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Etapa superior dun Aerobee 150A.

Aerobee é o nome dunha familia de foguetes sonda dos Estados Unidos desenvolvidos nos anos 1950 e cuxo último membro voou en 1985.

A orixe dos foguetes Aerobee está nun estudo da Universidade John Hopkins de finais de 1945 asignado a James Van Allen para determinar a mellor maneira de explorar a atmosfera superior mediante foguetes sonda. Os foguetes V2 alemáns requisados despois do final da Segunda Guerra Mundial foron usados inicialmente para esta tarefa, pero eran demasiado pesados e complexos. En 1946 Van Allen determinou que a combinación ideal sería un foguete máis pequenos composto por un Wac Corporal de Aerojet e o mísil Bumblebee desenvolvido para a Armada dos Estados Unidos. O conxunto foi denominado Aerobee e sería a base do resto da familia.

Os Aerobee non iban estabilizados e lanzábanse ó longo de torres de 53 m que mantiñan a súa traxectoria ata alcanzar unha velocidade que garantizase un voo estable. Construíronse torres en White Sands, Fort Churchill, Wallops Flight Facility e a bordo do buque de investigación USN Norton Sound. O foguete podía levar ata 68 kg de carga a 130 km de altura.

Variantes[editar | editar a fonte]

  • Aerobee RTV-N-8: foguete de dúas etapas formado por un acelerador Aerojet X103C10 cun motor 2.5KS18000 e un Aerobee XASR-1.
  • Aerobee XASR-SC-1: foguete de dúas etapas formado por un acelerador Aerojet X103C10 cun motor 2.5KS18000 e un Aerobee XASR-1.
  • Aerobee RTV-A-1: foguete de dúas etapas formado por un acelerador Aerojet X103C10 cun motor 2.5KS18000 e un Aerobee XASR-1.
  • Aerobee RTV-N-10: foguete de dúas etapas formado por un acelerador Aerojet X103C10 cun motor 2.5KS18000 e un Aerobee XASR-1.
  • Aerobee XASR-SC-2: foguete de dúas etapas formado por un acelerador Aerojet X103C10 cun motor 2.5KS18000 e un Aerobee XASR-1.
  • Aerobee RTV-A-1b: foguete de dúas etapas formado por un acelerador Aerojet X103C10 cun motor 2.5KS18000 e un Aerobee XASR-1.
  • Aerobee RTV-A-1a: foguete de dúas etapas formado por un acelerador Aerojet X103C10 cun motor 2.5KS18000 e un Aerobee AJ10-25.
  • Aerobee RTV-A-1c: foguete dunha soa etapa formado por un Aerobee AJ10-25.
  • Aerobee RTV-N-10b: foguete de dúas etapas formado por un acelerador Aerojet X103C10 cun motor 2.5KS18000 e un Aerobee AJ10-24.
  • Aerobee RTV-N-10c: foguete de dúas etapas formado por un acelerador Aerojet X103C10 cun motor 2.5KS18000 e un Aerobee AJ10-34.
  • Aerobee Hi: desenvolvemento do Aerobee básico con tanques de propelente máis grandes e aletas máis pequenas. Composto por un acelerador Aerojet X103C10 cun motor 2.5KS18000 e un Aerobee-150.
  • Aerobee AJ10-27: foguete de dúas etapas formado por un acelerador Aerojet X103C10 cun motor 2.5KS18000 e un Aerobee AJ10-27.
  • Aerobee RTV-N-10a: foguete de dúas etapas formado por un acelerador Aerojet X103C10 cun motor 2.5KS18000 e un Aerobee AJ10-25.
  • Aerobee AJ10-34: foguete de dúas etapas formado por un acelerador Aerojet X103C10 cun motor 2.5KS18000 e un Aerobee AJ10-34.
  • Aerobee AJ10-25: foguete de dúas etapas formado por un acelerador Aerojet X103C10 cun motor 2.5KS18000 e un Aerobee AJ10-25.
  • Aerobee 100: foguete de dúas etapas formado por un acelerador Aerojet X103C10 cun motor 2.5KS18000 e un Aerobee-100.
  • Aerobee 300: foguete de tres etapas formado por un acelerador Aerojet X103C10 cun motor 2.5KS18000, un Aerobee-150 e un Sparrow como terceira etapa, polo que tamén se lle chamaba Sparrowbee.
  • Aerobee 75: foguete dunha soa etapa.
  • Aerobee 150: foguete de dúas etapas formado por un acelerador Aerojet X103C10 cun motor 2.5KS18000 e un Aerobee-150.
  • Aerobee 150A: foguete de dúas etapas formado por un acelerador Aerojet X103C10 cun motor 2.5KS18000 e un Aerobee-150A.
  • Aerobee 300A: foguete de tres etapas formado por un acelerador Aerojet X103C10 cun motor 2.5KS18000, un Aerobee-150A e un Sparrow como terceira etapa.
  • Aerobee 350: foguete de dúas etapas formado por un Nike/M5-E1 e un Aerobee AJ10-91.
  • Aerobee 170: foguete de dúas etapas formado por un Nike/M5-E1 e un Aerobee-150.
  • Aerobee 170B: foguete de dúas etapas formado por un Nike/M5-E1 e un Aerobee-150B.
  • Aerobee 170A: foguete de dúas etapas formado por un Nike/M5-E1 e un Aerobee-150A.
  • Aerobee 200A: foguete de dúas etapas formado por un Nike/M5-E1 e un Aerobee AJ10-92.
  • Aerobee 200: foguete de dúas etapas formado por un Nike/M5-E1 e un Aerobee AJ10-92.

Notas[editar | editar a fonte]

  • Mark Wade (2018). "Aerobee" (en inglés). Consultado o 7 de maio de 2018. 
  • Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "Aerobee" (en inglés). Consultado o 7 de maio de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]