Aero L-159 Alca
Aero L-159 Alca | |
---|---|
Tipo | combate lixeiro/adestrador avanzado |
Fabricante | Aero Vodochody |
Primeiro voo | 4 de agosto de 1997 |
Introducido | abril de 2000 |
Principais usuarios | Forza Aérea de Rapública Checa Forza Aérea de Iraq |
Unidades construídas | 72 |
O Aero L-159 Alca é un avión de combate lixeiro e adestrador avanzado subsónico desenvolvido nas versións monopraza L-159A e bipraza L-159B. O L-159 é fabricado na República Checa por Aero Vodochody. No ano 2003 a frota de 72 L-159A da Forza Aérea da República Checa reducíuse a 24 debido a retricións orzamentarias. Tras varios anos de almacenamento o goberno revendeu a meirande parte dos avións tanto a operadores militares como civís, principalmente á Forza Aérea de Iraq e a Draken International.
O L-159 combateu coa Forza Aérea de Iraq contra o ISIS. Con Draken o L-159 (coñecido coloquialmente como "Honey Badger") foi empregado como avión agresor.[1] Dende 2007, seis L-159A reconstruídos como derivados de adestramento T1. En 2017 Aero Vodochody deu a coñecer un L-159T1 de nova construción para a Forza Aérea de Iraq mentres que a Forza Aérea checa vai mercar L-159T2 biprazas.[2][3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Draken Europe's L-159E ALCAs en route to Teesside". www.key.aero (en inglés). Consultado o 2022-05-16.
- ↑ "Aero restarts L-159 ALCA production, touts Argentina as potential customer". web.archive.org. 2017-06-06. Archived from the original on 06 de xuño de 2017. Consultado o 2022-05-16.
- ↑ "First L-159T2 for Czech Air Force takes flight". www.key.aero (en inglés). Consultado o 2022-05-16.