Saltar ao contido

Adán Martín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAdán Martín

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Adán Martín Menis Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de outubro de 1943 Editar o valor en Wikidata
Santa Cruz de Tenerife, España Editar o valor en Wikidata
Morte10 de outubro de 2010 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCementerio de Santa Lastenia, Santa Cruz de Tenerife (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
24 de xuño de 1993 – 9 de xaneiro de 1996

Circunscrición electoral: Santa Cruz de Tenerife (en) Traducir

Q47471896 Traducir
Deputado no Parlamento das Canarias
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoCoalición Canaria Editar o valor en Wikidata

BNE: XX5128118

Adán Pablo Martín Menis, nado en Santa Cruz de Tenerife o 19 de outubro de 1943, e finado en Barcelona o 10 de outubro de 2010, foi un político canario, Presidente do Goberno das Canarias dende xullo de 2003 até 2007.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Santa Cruz de Tenerife. Estudou enxeñaría industrial en Barcelona e logo de rematar a súa carreira diplomouse en ciencias empresariais por ESAE e o Instituto Balear de Dirección Empresarial. Tras isto, traballou durante dous anos para Chrysler en Inglaterra (Reino Unido).

Iniciou a súa actividade política en 1979 nas eleccións municipais democráticas, onde saíu elixido concelleira por Santa Cruz de Tenerife. Foi tenente de alcalde do Concello de Santa Cruz de Tenerife (1979-1987), onde fundou a Agrupación Tinerfeña de Independentes. Entre 1981 e 1982 foi membro da Xunta das Canarias, onde foi Conselleiro de Industria e Enerxía. Trala aprobación do Estatuto de Autonomía das Canarias foi Conselleiro de Obras Públicas do Goberno das Canarias. Foi presidente do Cabido de Tenerife (1987-1999) e deputado pola provincia de Santa Cruz de Tenerife (1993-1996), vicepresidente do Goberno das Canarias e conselleiro de Economía e Facenda (1999-2003).

En 2003, saíu elixido deputado autonómico nas eleccións autonómicas, onde encabezou a lista por Tenerife da formación nacionalista Coalición Canaria, e foi nomeado polo parlamentarios Presidente do Goberno das Canarias, manténdose no cargo até a súa retirada en xullo de 2007. Salientou na súa xestión a mellora das condicións das illas e as denominadas rexións ultraperiféricas da Unión Europea, mellorou as directrices de ordenación territorial das Canarias e impulsou un novo estatuto de autonomía que quedou paralizado debido á fragmentación política nas illas.

Faleceu ás 4:00 horas do día 10 de outubro de 2010 nun hospital de Barcelona por mor dun cancro que combateu durante doce anos.

  1. Fallece Adán Martín Menis, expresidente del Gobierno de Canarias, El País, 10 de outubro de 2010, consultado o mesmo día.