Adventures of Dino Riki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Adventures of Dino Riki
Desenvolvedor(es)Hudson Soft
Distribuidora(s)Xapón: Rix Soft
América do Norte: Hudson Soft
Compositor(es)Takeaki Kunimoto
Lanzamentofebreiro de 1987
XéneroDisparos en terceira persoa
Modos de xogoUn xogador
Plataforma(s)Nintendo Entertainment System
editar datos en Wikidata ]

Adventures of Dino Riki, coñecido no Xapón como Shin Jinrui: The New Type (新人類 THE NEW TYPE?), é un videoxogo estreado en 1987 para Family Computer no Xapón e en 1989 para Nintendo Entertainment System en América do Norte.

Malia que foi desenvolvido por Hudson Soft no Xapón, foi publicado por Rix Soft, sendo o único videoxogo xamais vendido por esta compañía. En América do Norte, o xogo foi publicado por Hudson Soft.