Saltar ao contido

Adrián Pérez Bote

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAdrián Pérez Bote
Biografía
Nacementodécada de 1990 Editar o valor em Wikidata (24/34 anos)
Vigo Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónestatístico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorInstituto Nacional de Estatística Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Premios

Adrián Pérez Bote, nado en Vigo na década de 1990, é un estatístico e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de estudar no bacharelato no IES Politécnico de Vigo, licenciouse en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela[1] e marchou vivir a Madrid. Alí tivo distintos traballos[1] relacionados con aprendizaxe automática e como científico de datos, ata que en 2023 aprobou co número 1 as oposicións ao corpo superior de Estatísticos do Estado, o que o levou a traballar no Instituto Nacional de Estatística, en Madrid.

En 2010, aínda como estudante, levou o segundo premio no Xaquina Trillo de relato curto, na categoría de entre 13 e 18 anos. E en 2023 obtivo o premio Terras do Chamoso de relato. En 2024 gañou[2] o premio Illa Nova de novela con Baixo o ceo de xeo, unha peza de ciencia ficción. Este premio leva aparellada a publicación da obra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Adrián Pérez Bote". LinkedIn. Consultado o 14/7/2024. 
  2. Valcárcel, Sara (2024-07-08). "Adrián Pérez Bote gaña o Premio Illa Nova con "Baixo o ceo de xeo"". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-07-14.