Adonis Estévez Rodríguez
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século XIX valor descoñecido |
| Morte | século XX valor descoñecido |
| 1909 – 1912 ← Benito Antón González | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
Adonis Estévez Rodríguez foi un comerciante e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Pedro Estévez Amil. Foi xuíz municipal de Ponteareas. Foi nomeado alcalde de Ponteareas por Real Orde e tomou posesión o 1 de xullo de 1909.[1] Permaneceu no cargo até 1912. Nese ano foi nomeado fiscal municipal de Ponteareas, renunciando ao cargo o ano seguinte. Na ditadura de Primo de Rivera foi concelleiro de Ponteareas. Nas municipais do 12 de abril de 1931 foi candidato a concelleiro, pero non resultou elixido.[2] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 afiliouse a Falange.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Pura Mora en 1905.[4] E en segundas nupcias con Elena Fernández Rodal en 1927,[5] e foi pai de Carlos Estévez Fernández.
Notas
[editar | editar a fonte]| Predecesor: Benito Antón González |
Alcalde de Ponteareas 1909 - 1912 |
Sucesor: Manuel Outerelo González |