Adolph Rickenbacher

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Adolph Rickenbacher, tamén escrito como Rickenbacker (Suíza 1886 - 1976), foi o fundador da compañía fabricante de guitarras Rickenbacker.

Naceu en Suíza en 1886, pero emigrou de mozo aos Estados Unidos e estableceuse en Los Angeles pouco antes de 1920. Cambióu o seu apelido a Rickenbacker en parte debido aos sentimentos anti-alemáns existentes nos Estados Unidos despois da Primeira Guerra Mundial, pero tamén para capitalizar a popularidade do seu curmán Eddie Rickenbacker, un famoso piloto estadounidense da guerra.

Fundou unha empresa que fabricaba corpos de metal para a National String Instrument Corporation a principios dos anos 20, e así foi como coñeceu a George Beauchamp e a Paul Barth, cos que fundaría a Ro-Pat-In Company en 1931. En 1932 eles fabricaron a primeira guitarra hawaiana coa caixa de aluminio (a famosa frying pan ou tixola) e en 1934 cambiáronlle o nome á empresa por Electro String Instrument Corporation, aínda que lle chamaron aos instrumentos Rickenbackers debido á fama do apelido grazas ao curmán de Adolph. Cando a produción rematou en 1939 a empresa fabricara unhas 2.700 guitarra frying pan.

Rickenbacker, aínda que nunca estivo convencido do potencial do negocio das guitarras, continuounas fabricando ata 1953, cando vendeu a compañía Rickenbacker ao empresario Francis Hall.

Adolph Rickenbacker morreu en 1976.