Adolfo Domínguez Otero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de maio de 1946 Teis, España |
Morte | 2 de setembro de 2012 (66 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Instrumento | Voz |
Adolfo Domínguez Otero, nado en Teis (Vigo) o 1 de maio de 1946 [1] e finado en Vigo o 2 de setembro de 2012[2] foi un cantante galego, máis coñecido como Fito Domínguez.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Adolfo Domínguez comezou a traballar con catorce anos, pasando por varias profesións ata recalar na de soldador. Foi mentres exercía este traballo que xurdiu a formación musical que o faría famoso, A Roda. Este grupo caracterizouse desde o principio por recoller as composicións populares que se cantaban nas tabernas, acadando gran repercusión. Moitos dos temas que o grupo interpretou pasaron a ser clásicos do cancioneiro popular.
Logo da saída do grupo doutro dos seus compoñentes, Luís Vaamonde, Adolfo Domínguez asumiu a dirección do grupo, mantendo esa posición ata o momento do seu falecemento.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha en Galegos. info
- ↑ "Morre Fito Domínguez, a voz de A Roda", artigo en Praza Pública, 3 de setembro de 2012.