Adiri (Titán)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Adiri
Huygens shoreline.jpg
Adiri vista pola sonda Huygens
Tipo de accidente xeolóxico rel. ó albedo
Accidente xeolóxico de Titán
Extensión 1 700 km [1]
Procedencia do nome O paraíso na mitoloxía de Melanesia

Adiri é un grande accidente xeolóxico de Titán de albedo brillante. Recibe o nome do paraíso da mitoloxía de Melanesia. Está situado no oeste da extensa e escura rexión de Shangri-La. Adiri é unha rexión de terreo alto e aparece inzado de canais de drenaxe. Existen dentro de Adiri certo número de áreas escuras que se aliñan con pequenos campos de dunas que foron observados por RADAR, tamén foi observada unha rexión de terreo escuro que rodea Adiri e tamén se descubriu que consistía de amplas extensións de campos de dunas lonxitudinais, apoiando a correlación entre rexións escuras ecuatoriais e 'mares' de dunas.[2]

A sonda Huygens aterrou nunha planicie xusto ó noroeste da costa de Adiri no 2005.

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. JPL (ed.). "Above Adiri" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19/06/2010. Consultado o 19/04/2010. 
  2. www.astroseti.org (ed.). "Mosaico 'T28' de Titán" (en castelán). Consultado o 19/04/2010. [Ligazón morta]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]