Adidas Fevernova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Fevernova foi o balón oficial da Copa Mundial de Fútbol de 2002, deseñado, desenvolvido e producido por Adidas no laboratorio de fútbol de Scheinfeld, Alemaña. Foi presentado como o maior avance en deseño de balóns de fútbol desde o balón Tango, usado na Copa Mundial de Fútbol de 1978 na Arxentina.

Datos[editar | editar a fonte]

Segundo o seu fabricante, as súas cores e o revolucionario deseño está enteiramente baseado na cultura dos países anfitrións. Entre as súas características técnicas, presenta unha refinada capa de gomaespuma sintáctica que lle da ao balón maiores características de desempeño e tres capas de malla que permiten un voo máis preciso e predecible.[1] O seu entón novo sistema de capas de espuma sintáctica consiste nunha serie de microcelas de gas altamente comprimido. Desde o interior ao exterior, as capas que presenta o balón son as seguintes:

  • Tecido Raschel que axude a manter a forma.
  • Espuma con microcelas recheas de gas fortemente comprimido, para que o balón recupere a súa forma antes tras un esforzo.
  • Capa de plástico sólido.
  • Deseño impreso.
  • Capa plástica transparente.

O nome do balón, Fevernova, vén da "febre" que a Copa Mundial causa cando ten lugar (fever en inglés quere dicir febre), e "nova" refírese a ditas estrelas, moi brillantes pero unicamente durante un tempo moi breve.

Críticas[editar | editar a fonte]

Este balón recibiu críticas por ser demasiado livián, cun peso de entre 420 e 445 gramos, a pesar de que con el marcáronse goles memorables durante o torneo de 2002. A circunferencia do balón ten unha lonxitude de 68,5-69,5 cm.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Adidas Group Historia dos balóns dos Mundiais de fútbol
Predecesor:
Tricolore
Fevernova
Balón oficial da Copa Mundial de Fútbol de 2002

2002
Sucesor:
+Teamgeist