Adam Papée
Nome orixinal | (pl) Adam Stanisław Papée |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 21 de xullo de 1895 Lviv, Ucraína |
Morte | 6 de marzo de 1990 (94 anos) Bydgoszcz, Polonia |
Lugar de sepultura | Salwator Cemetery (en) |
Outros nomes | Gil |
Educación | Universidade Iaguelónica de Cracovia |
Altura | 172 cm |
Peso | 62 kg |
Actividade | |
Campo de traballo | Esgrima |
Ocupación | esgrimista, funcionario deportivo, deportista, adestrador |
Carreira militar | |
Rango militar | tenente de segunda |
Conflito | Primeira guerra mundial (Battle of Krzywopłoty (en) ) Guerra polaco-soviética |
Deporte | esgrima |
Participou en | |
1936 | Xogos Olímpicos de 1936 |
1932 | Xogos Olímpicos de 1932 |
1928 | Xogos Olímpicos de 1928 |
1924 | Xogos Olímpicos de 1924 |
Familia | |
Pai | Fryderyk Papée |
Premios | |
|
Adam Stanisław Papée, nado en Lviv o 21 de xullo de 1895 e finado en Bydgoszcz o 6 de marzo de 1990, foi un tirador de esgrima polaco, gañador de dúas medallas olímpicas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Educado en Cracovia, uniuse ás Lexións Polacas en 1914 ao comezo da primeira guerra mundial, ferido na batalla de Konary (1915) recibiu dúas veces a Cruz ao Valor. Despois da guerra estudou económicas e dereito (1918-1923). Papée foi un dos pioneiros da esgrima en Polonia, un dos fundadores da Asociación de Esgrima Polaca en 1922, e o seu presidente entre 1926 e 1930. Foi catro veces campión nacional polaco de sabre (1926, 1927, 1929 e 1932) e estivo en catro olimpiadas entre 1924 e 1936 logrando dúas medallas de bronce en sabre por equipos nos Xogos Olímpicos de 1928 e 1936.[1] Foi tamén xuíz de esgrima desde 1923 (internacional desde 1930). Durante a segunda guerra mundial loitou na Insurrección de Varsovia (1944). Despois da guerra participou na reconstrución do tecido deportivo polaco, foi o primeiro vicepresidente da reconstruída Federación Polaca de Esgrima (1945) de retirarse da alta competición foi adestrador de varios clubs e publicou dous libros de memorias: Na planszach czterech olimpiad en 1957 e Na białą broń en 1987.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Adam Papée Olympic Results". sports-reference.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2012. Consultado o 2010-03-27.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1895
- Finados en 1990
- Esgrimistas olímpicos de Polonia
- Esgrimistas de sabre
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1928
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1932
- Medallistas olímpicos en esgrima
- Medallistas olímpicos de bronce por Polonia
- Directivos de esgrima
- Árbitros de esgrima
- Nados en Lviv
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1924
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1928
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1932
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1936