Abstracción xeométrica
A abstracción xeométrica é unha forma de arte abstracta baseada no uso de formas xeométricas en composicións non representativas. Esta arte non pretende representar o noso mundo visual cotián, senón que usa as formas da xeometría básica. Wassily Kandinsky, un dos precursores da pintura puramente non-obxectiva, foi un dos primeiros artistas modernos en explorar este enfoque xeométrico na súa obra abstracta. Outros exemplos de abstraccionistas pioneiros como Kasimir Malevich e Piet Mondrian tamén adoptaron este enfoque cara á abstracción.
Historia
[editar | editar a fonte]A arte islámica, no seu aniconismo, a prohibición de describir figuras relixiosas que se estendeu á menor representación figurativa doutros elementos animais ou vexetais, é un exemplo desta arte baseada en patróns xeométricos. Existiu séculos antes do movemento moderno en Europa, e en moitos xeitos influíron na arte occidental. Os patróns xeométricos eran a miúdo utilizados na arquitectura de civilizacións islámicas desde o século VIII ao XX, para conectar visualmente a espiritualidade coa ciencia e a arte. Anteriormente tamén as culturas clásicas da antiga Grecia, onde desenvolveron a xeometría euclidiana, e a Roma imperial utilizaron con profusión elementos decorativos sen referentes figurativos reconocíbeis na realidade.
A abstracción xeométrica non é só un invento de artistas ou movementos de vangarda do século XX. Está presente en moitas culturas ao longo da historia tanto como motivos decorativos como como propias pezas de arte.
A arte abstracta tamén se comparou historicamente coa música na súa capacidade para transmitir sentimentos e ideas emocionais ou expresivas sen depender nin facer referencia a formas obxectivas recoñecibles xa existentes na realidade. Wassily Kandinsky discutiu esta conexión entre a música e a pintura, así como sobre como a práctica da composición clásica influíra na súa obra, no seu ensaio fundamental Concerning the Spiritual in Art (Do espiritual na Arte).
A pintura abstracta expresionista, practicada por artistas como Jackson Pollock, é oposta á abstracción xeométrica.
Entre os artistas que traballaron intensamente na abstracción xeométrica atópanse Josef Albers, Theo van Doesburg, Wassily Kandinsky, Kasimir Malevich, Piet Mondrian, Barnett Newman, Kenneth Noland, Bridget Riley, Alexander Rodchenko e Sophie Taeuber-Arp, entre outros.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The Archives of American Art, Smithsonian, Betty Parsons Gallery Papers, Reel 4087-4089: Exhibition Records, Reel 4108: Artists Files, last names A-B.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Artes xeométricas Arquivado 17 de decembro de 2008 en Wayback Machine.