Abedin (cráter)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abedin
Tipo de accidente xeolóxico Cráter
Accidente xeolóxico de Mercurio
Diámetro 116,23 km km[1]
Coordenadas 61,76° N 10,65° O[1]
Procedencia do nome Zainul Abedin, pintor e gravador de Bangladesh.[1]

Abedin é un cráter do planeta Mercurio. Presenta unha estrutura complexa, cun chan liso, socalcos nas paredes do bordo do cráter, e un complexo de pico central. As cadeas de cráteres máis pequenos arredor Abedin son cráteres secundarios formados polo material proxectado polo impacto inicial. A sección do noroeste de Abedin é a parte onde máis alongado é o manto de materiais depositados tralo impacto que formou o cráter, estes materiais teñen un albedo menor (menos brillantes) que o resto do material adxacente á beira do cráter. Este patrón indica que o material máis escuro estaba a unha certa profundidade na área do impacto, durante o impacto escavouse e expulsouse este material escuro que quedou depositado nas inmediacións do cráter, deixando estes patróns escuros ó redor do cráter.[2]

O chan do cráter, aínda que é moi suave e liso, tamén presenta fisuras e fendas, que son interpretadas coma pequenos graben (fosas ou dorsais), fendas en forma de socalcos formados normalmente por forzas tectónicas, pero que neste caso a súa formación é debida, moi probablemente, ó estrés sufrido polos materiais da superficie ó quentarse e arrefriarse axiña, estes materiais poderían terse fundido por mor do impacto ou ser un recheo do leito do cráter de procedencia volcánica. Este fenómeno é común a outras cuncas e depresións volcánicas de Mercurio.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 USGS Astrogeology (ed.). "Planetary Names: Crater, craters: Abedin on Mercury". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Arquivado dende o orixinal o 23-10-2011. Consultado o 07-01-2012. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2016. Consultado o 07 de xaneiro de 2013. 
  3. NASA/JPL (ed.). "PIA15511: A Crack in the Floor". Photojournal. Consultado o 07-01-2012.