Abaditas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Os Abaditas foron unha dinastía andaluza de orixe árabe, gobernantes do reino taifa de Sevilla (1023-1091). Tamén foron coñecidos como Banu Abbad.

O fundador da dinastía foi Abú al-Qasim Muhammad ibn Abbad, cadí da cidade, que se fixo popular entre os seus conciudadáns ao organizar a resistencia contra os soldados de fortuna bérberes que estaban rapiñando os fragmentos nos que se desfacía o califato de Córdoba.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.