Aavo Pikkuus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aavo Pikkuus
Bundesarchiv Bild 183-S0517-0011, Hans-Joachim Hartnick, Aavo Pikkuus.jpg
Nacemento23 de novembro de 1954
 Karepa
NacionalidadeUnión Soviética e Estonia
Ocupaciónciclista
PremiosMestre Honorário de Desportos da União Soviética e Estonian Sportspersonality of the year
editar datos en Wikidata ]

Aavo Pikkuus, nado en Karepa o 23 de novembro de 1954, é un ex ciclista estoniano, medalla de ouro olímpico coa Unión Soviética.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi campión do seu país en 1972 e de 1974 a 1981 Pikkuus foi parte do equipo olímpico soviético. Nas Olimpiadas de Montreal (1976) gañou o ouro contrarreloxio por equipos con Anatoli Chukanov, Valeri Kaminski e Vladimir Chaplygin. Nos campionatos do mundo gañou o ouro nos 100 km por equipos en 1977 e a prata en 1975 e 1978. En 1977 Pikkuus gañou a Carreira da Paz .

Foi declarado deportista estoniano do ano en 1974 e 1978. Logo de se retirar do ciclismo en 1981 converteuse en piloto de rallies e en 1983 gañou o Rally de Saaremaa.

En 2001 recibiu a Orde da Cruz Vermella Estonia de terceira clase.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]