A revolución vertical

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A revolución vertical
Título orixinalItuĩka Rĩa Mũrũngarũ: Kana Kĩrĩa Gĩtũmaga Andũ Mathiĩ Marũngiĩ
Autor/aNgũgĩ wa Thiong'o
OrixeKenya
LinguaKikuyu
Xénero(s)Novela
EditorialKenya Jalada Africa
Galicia Editorial Galaxia
Data de pub.Kenya 2016
Galicia 11 de marzo de 2019
FormatoTapas duras e brandas
Páxinas96
ISBNISBN 978-84-9151-307-0
TraduciónXosé Álvarez Alonso

A revolución vertical ou por que os seres humanos camiñan ergueitos[1] (en kikuyu: Ituĩka Rĩa Mũrũngarũ: Kana Kĩrĩa Gĩtũmaga Andũ Mathiĩ Marũngiĩ) é unha fábula de estilo clásico escrita por Ngũgĩ wa Thiong'o. Orixinalmente escrita en lingua kikuyu, foi traducida ó inglés polo propio autor baixo o título The Upright Revolution: Or Why Humans Walk Upright.[2]

Foi traducida ó galego dende a versión en inglés por Xosé Álvarez Alonso[3] e foi publicada pola Editorial Galaxia no ano 2019.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Editorial Galaxia (ed.). "A revolución vertical na Editorial Galaxia". Consultado o 8 de abril de 2019. 
  2. Los Angeles Review of Books, ed. (24 de xuño de 2017). "Ngũgĩ wa Thiong’o: The Language Warrior". Consultado o 8 de abril de 2019. 
  3. Sermos Galiza, ed. (7 de abril de 2019). "Así se ergueu o ser humano para ser libre". Consultado o 8 de abril de 2019.