Ngũgĩ wa Thiong'o
Ngũgĩ wa Thiong'o | |
---|---|
![]() Ngũgĩ wa Thiong'o asinando copias do seu libro Wizard of the Crow, en Londres. | |
Nacemento | 5 de xaneiro de 1938 (84 anos) |
Kamiriithu, ![]() | |
Nacionalidade | Kenya |
Alma máter | Universidade de Leeds e Universidade Makerere |
Ocupación | dramaturgo, novelista, ensaísta, profesor universitario, filósofo e escritor |
Fillos | Mũkoma wa Ngũgĩ |
Xéneros | Narrativa, teatro e ensaio |
Premios | Premio Nonino, Lotus Prize for Literature, Prêmio Internacional Catalunha e Doctor honoris causa at University of Bayreuth |
Na rede | |
https://ngugiwathiongo.com | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ngũgĩ wa Thiong'o, nado en Kamiriithu o 5 de xaneiro de 1939[1] é un escritor kenyano da etnia kikuyu. A súa carreira como escritor comeza coa lingua inglesa, da que se despide formalmente para pasar á súa lingua materna, o kikuyu, no seu ensaio Decolonising the Mind (1986)[2]. Entre a súa obra cóntanse novelas, obras, historias curtas e ensaios, abranguendo escritos de crítica social ata literatura infantil. É o fundador e editor do xornal en lingua kikuyu Mũtĩiri.
A súa obra A revolución vertical, orixinalmente escrita en lingua kikuyu baixo o título Ituĩka Rĩa Mũrũngarũ: Kana Kĩrĩa Gĩtũmaga Andũ Mathiĩ Marũngiĩ, foi traducida ó galego a partir da versión en inglés por Xosé Álvarez Alonso,[3] e foi publicada pola Editorial Galaxia no ano 2019.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Ngũgĩ wa Thiong'o: A Profile of a Literary and Social Activist". ngugiwathiongo.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2009. Consultado o 20 de marzo de 2009.
- ↑ wa Thiong'o, Ngugi (1986). Decolonising the Mind. James Currey Ltd. ISBN 0-85255-501-6.
- ↑ Sermos Galiza, ed. (7 de abril de 2019). "Así se ergueu o ser humano para ser libre". Consultado o 8 de abril de 2019.