A lenda dos cinco aneis
A lenda dos cinco aneis | |
---|---|
Tipo | franquía de medios ![]() |
Temática | |
Ambientado en | Rokugan (en) ![]() ![]() |
Contacto | |
Páxina WEB | legendofthefiverings.com ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
A Lenda dos Cinco Aneis (inglés: Legend of The Five Rings) é un xogo de rol creado por AEG no 1995. O xogo baséase no Xapón feudal con influencias doutras culturas asiáticas, creando un mundo chamado Rokugan.
Actualmente atópase na súa terceira edición, e sufriu unha clara evolución, non só na súa cronoloxía e ambientación, senón tamén no seu sistema de xogo.
O xogo está fortemente ligado á súa versión en xogo de cartas coleccionables (CCG). Os deseñadores do xogo dan carta branca para a evolución do xogo dependendo do que os xogadores de cartas decidan, o tipo de mazos que se empregen, e dos resultados dos torneos sancionados (Kotei).
Existe unha detallada ficción e cronoloxía de Rokugan, facendo que o xogo resulte crible, estruturado e coherente. Este mundo Rokugan funciona a partir dunha organización de clans (Araña, Cangrexo, Grúa, Dragón, León, Mantis, Fénix, Escorpión e Unicornio)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Alderac Entertainment Group (en inglés)
- Legend of the Five Rings (en inglés)
- La Voz Akasha Arquivado 09 de maio de 2021 en Wayback Machine. (en castelán)