A Tarroeira, Ortoño, Ames
| A Tarroeira | |
|---|---|
Placa na casa dos Vioxo | |
| Parroquia | Ortoño |
| Concello | Ames |
| Coordenadas | 42°51′15″N 8°38′30″O / 42.8541, -8.6418 |
| Poboación | 163 hab. (2017) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
A Tarroeira é un lugar da parroquia de Ortoño no concello coruñés de Ames na comarca de Santiago. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2009 tiña 155 habitantes (80 homes e 75 mulleres).
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo A Tarroeira deriva do termo terrón, e este á súa vez de terra, e podería facer referencia a un terreo dedicado ao cultivo de millo, ou ben nacer directamente do termo "terroeira", que designa unha choza ou casa de pouco valor.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]O lugar naceu en 1754.[2] Na aldea está a casa dos Vioxo, da familia paterna de Rosalía de Castro, onde naceu o Seminario de Estudos Galegos.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Ortoño
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Ortoño no concello de Ames (A Coruña) | |
|---|---|
|
Aldea Nova | Bertamiráns | Cantalarrana | Carballido | Casaliño | Castrigo | A Condomiña | As Cortes | A Igrexa | O Instrumento | Lapido | Maguxe | Ortoñiño | O Pedregal | As Punxeiras Altas | As Punxeiras Baixas | O Santo | Sisalde | A Tarroeira |
Parroquias de Ames
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ López Boullón, Xosé Ramón (2019). Toponimia de Ames. A Coruña: Real Academia Galega. p. 100-101. ISBN 978-84-947823-7-4.
- ↑ Lino V. B. (24 de decembro de 2012). "Libro de fundacións XLII". Historia de Ortoño.