A Static Lullaby

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Static Lullaby
OrixeChino Hills, California, Estados Unidos
Período2001 - 2012
2015
Xénero(s)post-hardcore, emo, screamo, metalcore
Selo(s) discográfico(s)A Lullaby Factory, Ferret Music, Columbia Records, Fearless Records
MembrosJoe Brown
Dan Arnold
Dane Poppin
Tyler Mahurin
Artistas relacionadosCasket Salesmen, Elevate: I Am, Misused, Of Mice & Men, Lorene Drive, New Years Day, Hollywood Undead
Na rede
MySpace
Twitter: astaticlullaby MySpace: astaticlullaby Last fm: A+Static+Lullaby Musicbrainz: 8d79e950-1333-4a32-9fc1-af53d421abc4 Songkick: 225641 Discogs: 325134 Allmusic: mn0000920004 Editar o valor em Wikidata

A Static Lullaby foi unha banda de música rock estadounidense formada en Chino Hills (California) no 2001. O grupo separouse no ano 2012 e reuniuse brevemente en 2015.

Biografía[editar | editar a fonte]

A Static Lullaby xurdiu de xeito casual despois dunha jam session nun instituto onde os membros de distintas bandas xuntáronse nun único grupo. Formada en 2001, a banda comezou a súa traxectoria co vocalista Joe Brown, o baixista Phil Pirrone, o batería Brett Dinovo e os guitarristas Dan Arnold e Nathan Lindeman. O seu primeiro concerto foi dúas semanas despois da súa formación e aos poucos foise facendo un oco no circuíto local.

En setembro de 2001 a banda gravou a súa primeira canción en casa, titulada "Withered". Eles gravárona en CDs e editárona como unha demo. Venderon esta demo durante os anos 2001 e 2002 e fixeron unha xira pola costa oeste dos Estados Unidos ata que decidiron editar 3 temas desa primeira sesión de gravación xunto cun cuarto doutra. A banda conseguiu vender 6 000 copias.

En 2002 fixeron unha xira e chamaron a atención de moitos selos. Finalmente A Static Lullaby decidiu asinar un contrato coa Ferret Records, e despois diso comezou a traballar no seu primeiro disco ...And Don't Forget To Breathe. A banda pasou 18 meses na estrada para presentar o seu traballo, durante os cales tocou ao lado de grupos como AFI, My Chemical Romance e Brand New. Despois da extensa xira asinaron con Columbia Records e gravaron o seu segundo traballo, Faso Latido. Entre a crítica houbo opinións divididas e foron despedidos de Columbia. Nesa época, o baixista e vocalista Phil Pirrone sufriu un serio accidente de tráfico, polo que tivo que deixar a banda. Pirrone creou o seu propio selo discográfico, Longhair Illuminati, e formou a banda Casket Salesmen co guitarrista Nathan Lindeman.

Membros[editar | editar a fonte]

Membros actuais[editar | editar a fonte]

Antigos membros[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

  • ...And Don't Forget To Breathe - 2003
  • Faso Latido - 2005
  • A Static Lullaby - 2006

EPs[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]