A Saia
A Saia | |
---|---|
País | España |
Lugar de publicación | Santiago de Compostela |
Lingua | lingua galega |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Saia foi o voceiro do Colectivo Feminista Independente Galego. Só tivo unha edición. O nº 0 saíu publicado en marzo de 1982 (co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora o 8 de marzo), sendo a primeira revista do movemento feminista organizado en Galicia.
Nel colaboraron personalidades como Carmen Blanco, Margarita Ledo, María Bauçá ou Ana Romaní, e incluía unha entrevista a Ana Liste.
Editouse en Santiago de Compostela, e tiña un prezo de 50 pesetas.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Saia, A". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- A Saia, número 0. No Álbum de Mulleres
- A Saia. Publicacións periódicas feministas Consello da Cultura Galega.