A Paicega, Pezós, Pezós

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaA Paicega, Pezós, Pezós

Localización
Mapa
 43°14′34″N 6°50′56″O / 43.24286, -6.84878Coordenadas: 43°14′34″N 6°50′56″O / 43.24286, -6.84878
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAsturias
Provinciaprovincia de Asturias
ConcelloPezós
ParroquiaPezós Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación0 (2019) Editar o valor em Wikidata
Número de fogares0 (2001) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Altitude594 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal33736 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario

A Paicega[1] é un lugar da parroquia de Pezós no concello de Pezós que se localiza no occidente de Asturias. Situado a 594 metros[2] sobre o nivel do mar, a aldea localízase a 6 km da vila, e capital do concello, de Pezós e en 2021 estaba deshabitado[3].

Historia[editar | editar a fonte]

O lugar edificouse a mediados do século XX para acoller os traballadores que construíron o encoro de Salime. As vivendas e outras instalacións están abandonadas logo do remate das obras do encoro en 1955 pero moitas aínda están en pé. Salienta a capela, de gran tamaño, algúns barracones, restos do teleférico e instalacións eléctricas. Na aldea hai un miradoiro dende o que se ve boa parte do curso medio do río Navia.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Varela Aenlle, Carlos Xesús (2010). Repertorio toponímico e xentilícico da terra Eo-Navia. Universidade de Vigo. p. 54. 
  2. Diccionario Geográfico de Asturias. Editorial Prensa Asturiana. 2000. 
  3. "INEbase. Nomenclátor: Población del Padrón Continuo por Unidad Poblacional". INE. 
  4. "Lugares de Interés". pesoz.es.