A Corredoura, Pexegueiro, Tui
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Corredoura.
A Corredoura | |
---|---|
Parroquia | Pexegueiro |
Concello | Tui |
Coordenadas | 42°02′44″N 8°41′56″O / 42.045563544465, -8.6988386309806 |
Poboación | 5 hab. (2019) |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Corredoura é un lugar da parroquia de Pexegueiro, no concello pontevedrés de Tui, na comarca do Baixo Miño. Segundo o padrón municipal de habitantes do Instituto Galego de Estatística no ano 2019 tiña cinco habitantes (dous homes e tres mulleres), oito menos ca en 1999.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Neste barrio atópanse varios elementos patrimoniais.
- Ponte Nova da Corredoura: ponte construída sobre o río Furnia en 1783. Os seus autores foron o canteiro Juan Francisco de Novas Gayoso (de Pazos de Reis) e o mestre Andrés Orxe[1].
- Serradouro da Corredoura: pequena edificación usada para a transformación da madeira, actualmente en ruínas. Foi construído e usado durante a Idade Moderna e o século XIX[2].
- Muíño da Corredoura[3]
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Pexegueiro
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Pexegueiro no concello de Tui (Pontevedra) | |
---|---|
Carraveda | A Corredoura | A Fonte Seca | O Foxo | A Marco da Fontenla | O Monte | Mosteiro | Palláns | A Pereira | A Regueira | Saídes | A Salgosa | O Souto | Vilanova | Vilapouca |
Parroquias de Tui
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ponte Nova da Corredoura". Patrimonio Galego. Consultado o 2020-09-26.
- ↑ "Serradoiro da Corredoura". Patrimonio Galego. Consultado o 2020-09-26.
- ↑ "Muíño da Corredoura". Patrimonio Galego. Consultado o 2020-09-26.