Trikala 2000 B.C.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "AS Trikala 2000 BC")
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Trikala 2000
Información xeral
Nome Α.Σ. Τρίκαλα 2000
Fundación 1999
Desaparición 2010
Cores           Azul, branco
Presidente Grecia George Giannoulas
Adestrador Grecia Vangelis Angelou
Localización
Cidade Grecia Trikala, Grecia
Pavillón Trikala Indoor Hall
Capacidade 2.500

O Athlitikos Syllogos Trikala 2000 KAE ou simplemente AS Trikala 2000 BC (en grego Α.Σ. Τρίκαλα 2000), foi un equio profesional de baloncesto grego da cidade de Trikala, Grecia. O Trikala chegou a competir na máxima cateogría do baloncesto grego. Non se debe confudir o club co Trikala Aries, equipo da mesma cidade.

Historia[editar | editar a fonte]

A Asociación Atlética de Trikala 2000 foi fundada o 13 de setembro de 1999 da fusión dos dous equipos locais de Trikala, o Danaos e o Sporting. Dende a súa creación, o club ascendeu rapidamente nas ligas gregas. No 2002, tres anos despois da súa fundación, o Trikala acadou o ascenso á liga B do baloncesto grego. En 2006, acadou un novo ascenso á A2 Ethniki. Dous anos despois completaron o seu percorrido ascensor ao gañar a A2 Ethniki na tempada 2007-08 e ascender á máxima categoría do baloncesto grego, a A1 Ethniki. O club superou o récord de vitórias nunha tempada (acadou 24), ao bater o récord anterior, en posesión do Makedonikos BC.

A súa primeira tempada na máxima competición grega tivo un relativo éxito, ao acadar a permanencia nun último partido de liga dramático o 22 de abril de 2009.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]