Nuova AMG Sebastiani Basket Rieti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «AMG Sebastiani Rieti»)
Nuova Sebastiani Basket
Información xeral
Alcume Seba
Fundación 1998
Desaparición 2010
Historia Virtus Rieti (1998-2003)
Cores           Branco, celeste
Localización
Cidade Italia Rieti, Italia (1998−2009)
Italia Nápoles, Italia (2009−2010)
Pavillón PalaSojourner (3.500)
PalaBarbuto (5.500)
www.nsbnapoli.com

O Nuova AMG Sebastiani Basket, tamén coñecido como NSB e Nuova Sebastiani Basket, foi un equipo profesional de baloncesto italiano, fundado en 1998 na cidade de Rieti (no Lacio) e desaparecido en 2010, un ano despois de trasladarse a Nápoles. Estaba considerado como o sucesor do AMG Sebastiani Basket, equipo que gañou a Copa Korać en 1980.

Historia[editar | editar a fonte]

O club é considerado o sucesor do antigo AMG Sebastiani Basket Rieti, equipo que competiu na Serie A nos anos 1970 e 1980, chegando a gañar a Copa Korać en 1980. En 2009, o club trasladouse dende Rieti a Nápoles, mais foi excluído da liga en abril de 2010 por problemas económicos.[1]

Nomes[editar | editar a fonte]

O club, dependendo do patrocinador, foi coñecido cos seguintes nomes:[2]

  • Brina Rieti (1973−1977)
  • Althea Rieti (1977−1978)
  • Arrigoni Rieti (1978−1980)
  • Ferrarelle Rieti (1980−1981)
  • Acqua Fabia Rieti (1981−1982)
  • Binova Rieti (1982−1983)
  • Cottorella Rieti (1983−1984)
  • American Eagle Rieti (1984−1985)
  • Ippodromi d'Italia Rieti (1985−1986)
  • Corsatris Rieti (1986−1987)
  • Dentigomma Rieti (1987−1988)
  • Noi Sport Monte Terminillo Rieti (2005−2006)
  • Solsonica Rieti (2006−2009)
  • Martos Napoli (2009−2010)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La Nuova AMG Sebastiani esclusa dal Campionato di Serie A". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2011. Consultado o 03 de xuño de 2010. 
  2. "Lega A Basket páxina histórica do NSB Rieti". Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2008. Consultado o 03 de xuño de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]