578: Phát đạn của kẻ điên

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

578: Phát đạn của kẻ điên
Ficha técnica
Título orixinal578: Phát đạn của kẻ điên
DirectorLương Đình Dũng
ProdutorVũ Thị Ngọc Diệp
Lê Tôn Hà Phương
Ngô Thị Phương Thanh
Lương Đình Dũng
GuiónLương Đình Dũng
IntérpretesAlexandre Nguyễn
H'Hen Niê
Hoàng Phúc
Ngọc Tình
Tuấn Hạc
Jessica Minh Anh
Nguyễn Lâm Thảo Tâm
MúsicaLee Dong-june
FotografíaMorgan Schmidt
MontaxeSteve M. Choe
EstudioTuvan Pictures
Estrea20 de maio de 2022
Duración106 minutos
Orixe Vietnam
XéneroAcción e drama
Na rede
IMDB: tt13899926 Editar o valor em Wikidata

578: Phát đạn của kẻ điên é un filme vietnamita de 2022 escrito e dirixido por Lương Đình Dũng.[1] Está protagonizado por Alexandre Nguyen, Thanh Thao, H'Hen Niê, Hoang Phuc, Ngoc Tinh, Tuan Hac, Jessica Minh Anh, Thao Tam e Ha Van Hieu.[2] Estreouse oficialmente o 20 de maio de 2022 mais foi adiado por mor da pandemia de COVID-19.[3][4]

Foi escollido como candidato de Vietnam para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios,[5] mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Un condutor de camións colectores, Hùng, vive unha vida idílica coa súa filla pequena, An. O pai e a filla son os compañeiros máis próximos en cada viaxe co seu camión colector laranxa. A vida segue así ata que An ten que deixar o seu pai para ir á escola. Un día, Hùng é informado de que An está gravemente deprimida. Confiando nas súas antigas habilidades do pasado e ao descubrir a verdade, Hùng está furioso e ferido ao saber que a súa nena foi secuestrada por un estraño. Logo de comezar a súa solitaria e intensa viaxe na procura do estraño secuestrador, Hùng dáse conta de que para cazar a este psicópata ten que contrarrestar as enormes forzas clandestinas que hai detrás del.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ""578" của đạo diễn Lương Đình Dũng được kỳ vọng". laodong.vn (en vietnamita). 2022-03-10. Consultado o 2022-10-31. 
  2. mnewsvn.com (2020-06-16). "Dàn cast phim điện ảnh hành động 578: Phát đạn của kẻ điên chính thức cùng nhau lộ diện". Mnewsvn.Com - Website thông tin showbiz giải trí xã hội (en vietnamita). Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2022. Consultado o 2022-10-31. 
  3. triển, Báo Dân tộc và Phát (2022-03-22). "Hoa hậu H'Hen Niê đóng phim hành động: "578: Phát đạn của kẻ điên"". Báo Dân tộc và Phát triển (en vietnamita). Consultado o 2022-10-31. 
  4. "Phim Việt tiếp tục bị dời lịch chiếu". ZingNews.vn (en vietnamita). 2022-03-15. Consultado o 2022-10-31. 
  5. "Movie ‘578’ competes for Oscars 2023". Vietnam Posts English. 28 de setembro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]